Nesta actividade voluntaria tivemos que traballar con outros recursos para buscar información. O que eu elixín é WIKIRUTAS unha páxina web que nos facilita información sobre rutas de sendeirismo e rutas ciclistas de montaña por toda España. Ademais, tamén lles permite aos seus usuarios colaborar con ela engadindo novas rutas ou comentando as súas experiencias persoais nas rutas xa descritas por outros usuarios. Por último, tamén podemos planificar unha ruta á nosa madida, elixindo o número de kilómetros, o desnivel acumulado, a dificultade e a zona na que elixamos facer a ruta. En definitiva, é unha ferramenta moi útil para aqueles que pretendan disfrutar da montaña.

No hay comentarios:
Publicar un comentario