miércoles, 24 de octubre de 2012

BUSCANDO INFORMACIÓN SOBRE WEB 2.0




A Web 2.0 é un conxunto de aplicacións web que lle facilitan aos seus usuarios un intercambio interactivo de información, xa que os propios usuarios son os protagonistas. O termo de Web 2.0 foi utilizado por primeira vez por Tim O'Reilly en 2004.

As principais características da Web 2.0 son:
 -O usuario é o protagonista: coa Web 2.0 é o propio usuario o que crea e edita a información publicada.
 -A web é a plataforma: isto quere dicir que non necesiamos a instalación dun programa para poder crear e compartir documentos, presentacións etc.
 -A utilización de RSS: que nos permite recibir, directamente no noso ordenador ou nunha paxina web, información das nosas páxinas favoritas.
 -Utilización de etiquetas: palabras claves asociadas a datos almacenados nunha base de datos que son creadas polos propios usuarios.
 -Todo é sempre beta: isto quere dicir que se mellora continuamente.

As aplicacións mais coñecidas son:
 -Aplicacións para crear e publicar,como pode ser Blogger, a Wikipedia...
 -Aplicacións que nos permite buscar información: como Youtube (vídeos), Slideshare (presentacións) etc.
 -As redes sociais coma Tuenti, Twitter, Facebook...
-Aplicacións que nos permiten buscar información sobre os tamas que máisnos interesen.

A miña valoración persoal é que a Web 2.0 supuxo un gran avance á hora de utilizar Internet, permitindo unha comunicación mais fluída entre os seus usuarios, o protagonismo destes e unha forma máis fácilidade á hora de buscar a información. Pero na miña opinión, o máis positivo é que se está a mellorar continuamente.   



No hay comentarios:

Publicar un comentario