viernes, 5 de octubre de 2012

PRÁCTICA SOBRE BUSCADORES

 Nesta páctica comezamos a traballar con buscadores, o primeiro co que o fixemos é Google. O obxetivo desta práctica era o de buscar información sobre blogs para ampliar os nosos coñecementos sobre eles e descubrir máis cousas novas.
O primeiro que debemos buscar foi unha WEB na que se nos explicasen os contidos do blog e os recursos que debemos utilizar para melloralo e poñelo ao noso gusto.
Posteriormente dispuxémonos a buscar un VÍDEO que tamén nos dese información sobre os blogs. Neste  explícansenos as características básicas dun blog, e máis concretamente céntrase nos blogs educativos.
Outra das búsquedas que realizamos foi a dun  BLOG. Este pareceume o máis interesante, xa que ademais de contarnos diversas noticias sobre blogs, tamén nos axuda a organizar mellor a información do noso blog facéndoo así máis atractivo para quen nos visite.
Tamén debemos buscar información nun LIBRO. Este céntrase na axuda que os blogs poden dar aos periodistas á hora de publicar as súas informacións.
Por último, pedíasenos que recopilasemos unha  NOTICIA. A tarefa de búsqueda neste apartado non foi sinxela xa que as noticias sobre blogs eran escasas e bastante antigas, sen embargo, conseguin atopar unha noticia bastante interesante sobre un blog lanzado por unha gran compañía suramericana.









No hay comentarios:

Publicar un comentario